Os comercios adheridos a Ribeira Store recibirán formación en liña de balde

martes, 11 de agosto do 2020 Redacción

O Concello de Ribeira informa de que o xoves levarase a cabo unha sesión de formación grupal sobre a plataforma de venta pola Internet Ribeira Store a aqueles negocios xa adheridos que estean interesados en sacarlle o máximo rendemento ao marketplace.
Esta sesión de balde terá lugar de maneira telemática a través de Google Meet e botará a andar ás 20:30 horas. Aquelas persoas que desexen participar na actividade só teñen que solicitalo por correo electrónico.
Cómpre destacar que segue medrando o número de inscritos a xa son a día de hoxe 109 os negocios adheridos a unha plataforma que pretende servir de elemento potenciador do noso tecido comercial ao tempo que contrarrestar mediante as novas tecnoloxías os efectos da pandemia.
As empresas ribeirenses que aínda non o fixeron teñen a oportunidade de sumarse de balde a esta plataforma cubrindo o formulario da páxina para o rexistro de comercios.

PUBLICIDADE