Os clientes do correo POP de Telefónica detectan erros no servizo

martes, 10 de marzo do 2009 Raquel Noya

A edición dixital de El Mundo de hoxe vén de avisar dunha avaría nos servidores de correo POP de Telefónica, que deixou sen servizo de correo electrónico aos clientes da conta asociada ao ADSL da compañía, dende o luns.
Este fallo afectoulle aos usuarios con contas de correo tipo @telefonica.net, asociadas a clientes de correo electrónico, como Outlook ou Thunderbird.
O xornal anunciou, nembargantes, que o correo web funciona sen problemas e que os devanditos fallos débense á existencia “dun determinado script que dá problemas”.
Os operarios encargados de emendar o erro están traballando a reo e prevén telo arranxado ao longo desta mañá.

PUBLICIDADE