Os cascos de realidade mixta chegan a España
venres, 17 de novembro do 2017
A Realidade Mixta de Windows fÃxose unha realidade hai
exactamente un mes coa actualización
de outono de Windows 10, que foi cando os primeiros cascos con esta
tecnoloxÃa chegaron ao mercado, pero resistÃanse á súa comercialización en
España, probablemente por prudencia dos distribuidores, que vÃan que carecÃan
de contidos atractivos até esta semana, cando boa
parte do contidos de realidade virtual de Steam que até o momento funcionaban
con HTC Vive e Oculus Rift pasan a ser compatibles coa Windows Mixed Reality,
e como consecuencia xa temos un par de cascos dispoñibles.
Por unha banda temos o que posiblemente se considere como o produto de entrada,
o dispositivo
Lenovo Explorer, que pode mercarse xa por 449 euros e que, como a meirande
parte dos cascos de realidade mixta, funciona cun par de pantallas integradas
que suman unha resolución de 2.880 x 1.440 pÃxeles cunha velocidade de refresco
de 90 Hz e un campo de visión de 110 graos, que conta con cámaras de seguimento
de movemento no seu exterior para evitar a instalación de molestos sensores na
habitación na que vaia a empregarse o trebello, reducindo considerablemente a
complexidade da súa instalación, xa que precisa simplemente dun cable en Y no
que vai a conexión de vÃdeo e un porto USB 3.0.
A outra opción dispoñible serÃa o Visor
de Dell con mandos por 508,39 euros, que tecnicamente é case igual que o
casco anterior, pero diferenciándose principalmente por ter un acabado en cor
branca e unha construción de maior calidade.
En calquera caso cómpre lembrar que a vindeira semana celébrase o Black Friday,
de xeito que é posible que algún destes cascos experimente rebaixas, e no caso
do Visor de Dell tamén é moi probable que o accesorio poida conseguirse a un
prezo máis atractivo de mercado a xeito de complemento dun novo equipo do
fabricante.