Os cadernos de Rubio adáptanse ao iPad
venres, 8 de xuño do 2012
Para adaptarse aos novos tempos os tradicionais Cuadernos Rubio dan o salto do papel ao
dixital cunha nova
aplicación para iPad dende a que é posible acceder a cadernos de
Operacións, Problemas e Educación Infantil, que poden probarse de balde ou
mercarse a un prezo de 0,79 euros, incluíndo cada un máis de 20 niveis que
permite desbloquear operacións secretas, o que fai que aprendizaxe sexa un
reto.
A aplicación iCuadernos integra un caderno de notas para que os cativos poidan
facer os borradores das súas operacións empregando o dedo coma se fose un
lapis, mecánica que tamén pode empregarse nos cadernos de Educación Infantil,
que incluirán numerosos exercicios de pinta
e colorea, axudando aos pequenos no seu desenvolvemento intelectual e
motriz, nos que os dedos servirán de rotulador do que pode definirse o grosor e
as cores.
iCuadernos tamén permite crear perfís para
cadanseu usuario, de xeito que rexistra medallas ao completar os niveis de cada
caderno.
A colección de Operacións para nenos de máis de 3 anos conta cun total de 12
volumes; os cativos de máis de 6 anos poderán gozar con 13 cadernos de
Problemas; e os pequenos de calquera idade poderán acceder a 10 volumes de
Educación Infantil.
A nova aplicación explicada en vídeo
- Os vellos cadernos de Rubio quedan obsoletos grazas á nova aplicación para iPad