Os auriculares sen fíos Samsung Gear IconX tamén funcionará como monitores de actividade

venres, 3 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Samsung está a ampliar a súa liña de dispositivos orientados ao seu uso durante a práctica de actividade física, facilitando a súa monitorización e instando así a levar unha vida saudable, destacando entre os nosos produtos os auriculares intra-auditivos Gear IconX, xa que estamos ante uns auriculares sen fíos que funcionan como monitores de actividade, combinación que busca maximizar súa comodidade de uso.
Estes auriculares son lixeiros, seguros e cun axuste confortable (adáptanse a 3 talles distintas), poden activarse con só colocarse nas orellas do usuario; poden rexistrar a distancia percorrida, a velocidade, a duración do adestramento, o ritmo cardíaco e as calorías queimadas (sincronizando os datos con S Health; inclúen guía por voz para poder coñecer os progresos no adestramento de xeito oral (en 15 idiomas distintos); e permite escotar até 1.000 cancións en formato MP3 tanto a través de Bluetooth 4.1 como aproveitando o seu almacenamento interno (de até 3,5 GB de capacidade). Estes atractivos auriculares tamén inclúen unha funda de transporte que opera como cargador.
Para poder gozar do Samsung Gear IconX precisaremos un smartphone con Android 4.4 ou superior cun mínimo de 1,5 GB de RAM, aínda que a transferencia de audio ao seu almacenamento interno non se limite ao seu uso mediante un teléfono Galaxy, senón que tamén pode facerse a través do porto USB dun ordenador persoal.
Estes auriculares teñen unhas medidas de 18,9 x 26,4 x 26 milímetros, un peso de 6,3 gramos por auricular, integran un micrófono en cada auricular, contrólase mediante un botón táctil capacitivo, é resistente á auga (IP21) e cada auricular ten unha batería cunha capacidade de 47 mAh (mentres que a funda achega unha carga de 315 mAh). A súa comercialización principiará no outono a un prezo que nos EE.UU. será de 199 dólares (o que parece bastante elevado, pero temos que ser conscientes que estamos ante un produto moi novo.

JPEG - 144.7 KB
Os auriculares Gear IconX venderanse en 3 cores distintas


Vídeo de presentación dos auriculares Gear IconX

PUBLICIDADE