Os auriculares sen fÃos Beats Studio Pro ofrecen o mellor da tecnoloxÃa de Apple
xoves, 20 de xullo do 2023
En decembro de 2020
Apple sorprendeu ao presentar
os auriculares sen fÃos AirPods Max cun prezo de 629 euros, o que co tempo
aÃnda se fixo máis rechamante xa que cando Apple Music mellorou as súas
prestacións este accesorio quedou fóra dalgunhas das melloras por as
tecnoloxÃas empregadas para a transmisión da música, pero dá a impresión de que
á volta do verán teremos uns AirPods Max renovados, corrixindo as súas
principais carencias.
Que é o que leva a que pensemos que os vindeiros auriculares con diadema de
Apple corrixirán as súas eivas? Pois que Apple vén de pór á venda os auriculares
sen fÃos Beats Studio Pro que cun prezo de 399,95 euros serÃan moi
completos, especialmente ao permitir conexión a través de Bluetooth, de audio
USB-C e incluso mediante unha toma de minijack, polo que ofrecerÃa son con
cable coa máxima calidade posible.
Estes novos auriculares tamén contan con son envolvente, audio espacial
personalizado con seguimento dinámico da cabeza, cancelación activa de ruÃdo,
modo de son ambiente para poder escoitar o que temos ao redor, compatibilidade
tanto con Android como con iOS, unha autonomÃa de até 40 horas, micrófonos que
se centran na voz para mellorar a nitidez das chamadas e unhas almofadas ergonómicas
UltraPlush de pel que logran a máxima comodidade e resistencia. Tamén é de
salientar que o seu peso queda nos 260 gramos, moi por debaixo dos 384,8 gramos
dos AirPods Max, polo que en moitos casos son uns auriculares máis
recomendables.
Seguirán os AirPods Max a senda dos Beats Studio Pro? En pouco tempo sairemos
de dúbidas, pois parece bastante probable que a renovación dos auriculares máis
caros de Apple chegue coa presentación dos novos iPhone en setembro.
- Son varias as cores nas que poden adquirirse os novos auriculares