Os auriculares Galaxy Buds Live incorporan cancelación de ruído activa

xoves, 6 de agosto do 2020 Marcus Fernández

Os novos auriculares chegarán ao mercado en 3 cores diferentes

Tras os auriculares sen fíos Galaxy Buds e Galaxy Buds+ a Samsung quedáballe un paso máis para poder competir co catálogo de auriculares de Apple, e por fin conségueo cos Galaxy Buds Live, uns novos auriculares elegantes e ergonómicos, que finalmente ofrece cancelación de ruído activa, prestacións que agradecen especialmente os que viaxan moito en medios de transporte público e buscan illarse do contorno.
Os Galaxy Buds Live integran un altofalante de 12 milímetros con tecnoloxía AKG completado por un conduto de graves e saídas de aire para reducir a oclusión e conseguir un son amplo. Temos así uns auriculares que coidan da calidade do son, aínda que tamén teñen un deseño que se axusta moi ben ao ouvido (), permiten o seu control mediante xestos táctiles (podendo incluso asignarse un acceso rápido para iniciar a reprodución musical en Spotify) e cos seus 3 micrófonos integrados e a unidade de captación de voz tamén coida especialmente a calidade das chamadas de voz.
A batería dos auriculares é de 60 mAh, o que permite até 8 horas de reprodución musical (ampliables até 29 horas co estoxo de carga), autonomía que cae até as 6 horas de reprodución coa cancelación de ruído activa. Contan con resistencia á auga IPX2 e Bluetooth 5.0; e o seu prezo de venda é de 199 euros (en contraste cos 279 euros dos AirPods Pro cos que buscan compararse), chegando ao mercado español o vindeiro día 21.

Vídeo promocional dos Galaxy Buds Live

PUBLICIDADE