Os Transformers protagonizan un novo xogo

venres, 23 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Os Transformers teñen numerosas adaptacións en forma de videoxogo con xéneros moi dispares entre os que normalmente impera a acción, polo que moitos recibirán de bo grado Transformers: Campo de Batalla, que aposta polos combates tácticos por quendas no que hai que formar un escuadrón de Transformers para participar na eterna loita entre Autobots e Decepticons, que desenvolverase dende as rúas de Central City até o planeta Cybertron.
O xogo ve a luz en versións para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC, a un prezo base de 39,99 euros, permitindo gozar incluso de multixogador local con modos como Atrapa a bandeira, Horda ou Batalla final, de xeito que os seareiros poderán gozar dun interesante título no que aparecen os Transformers que coñece de sempre, podendo axustarse a dificultade en tres niveis, de xeito que dende principiantes até xogadores máis tácticos poderán pasar bos momentos con este traballo de Coatsink editado por Outright Games.

Estamos ante un xogo de batallas por quendas

Tráiler de lanzamento do xogo<(small>

PUBLICIDADE