Os Surface Book e Surface Pro 4 estrean modelos de maior capacidade
venres, 22 de xaneiro do 2016
AÃnda que os equipos de alta gama de Microsoft teñen uns
prezos bastante elevados, a súa acollida comercial parece bastante boa e,
curiosamente, existe unha grande demanda das súas versións máis equipadas, o
que levou a Microsoft a decidir ampliar
o número de modelos do Surface Book e do Surface Pro 4, aproveitando a
actualización do catálogo para incluÃr tamén unha versión dourada do lapis
para Surface (o único destes novos produtos que xa está dispoñible en
España).
Polo momento a distribución dos novos modelos de Surface Book e Surface Pro 4 limitarÃase
á tenda en liña norteamericana de Microsoft e a un reducido número de
distribuidores, pero deste xeito xa son unha realidade os novos Surface con
procesador Intel Core i7, 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento SSD, o que é
unha configuración potentÃsima para equipos tan compactos. Iso si, o prezo
destes equipos resulta bastante prohibitivo, vendéndose
o Surface Pro 4 máis caro a 2.699 dólares, mentres que o Surface Book chegarÃa
até os 3.199 dólares (de xeito que cando o equipo chegase a España poderÃa
ter un prezo de preto dos 3.500 euros).
- O lapis para Surface estrea versión en cor dourado