Os Samsung Galaxy M20 e M10 queren conquistar aos millennials
martes, 29 de xaneiro do 2019
Tras facerse
público a través de Amazon que Samsung
Ãa lanza os seus novos Galaxy M na India eran moitas as miradas que se
dirixÃan a estes teléfonos que poderÃan marcar a pauta do mercado, e por fin
presentáronse oficialmente os smartphones Galaxy M20 e Galaxy M10, que aseguran
que están enfocados a un público millennial,
ao que ofrecen unha boa pantalla (cunha pestana superior con forma de V) e
caracterÃsticas atractivas como cámara dual con obxectivo grande angular, boa
potencia e grande autonomÃa, asà como a nova interface de usuario de Samsung.
Os novos terminais chegarán ao mercado da India o 5 de febreiro, ofrecéndose o
Galaxy M20 con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno a un prezo de 12.990
rupias (159 euros) e a 10.990 rupias (135 euros) a versión con 3 GB de RAM e 32
GB de almacenamento. Por outra banda, o Galaxy M10 aÃnda será máis económico,
cunha versión con 3 GB de RAM e 32 GB de capacidade por 8.990 rupias (110
euros) e con outra con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento por 7.990 rupias
(98 euros).
O Samsung Galaxy
M20 pode presumir de ser un dos móbiles máis atractivos do mercado no seu
rango de prezo, presentando unha pantalla infinita de 6,3 polgadas cuns marcos
moi reducidos, cunha pestana superior con forma de V moi caracterÃstica e cunha
resolución de 2.340 x 1.080 pÃxeles, un potente procesador Exynos 7904 de 8
núcleos, dobre SIM, lector de tarxetas de memoria de até 512 GB, cámara
traseira dual de 13 e 5 MpÃxeles (tendo a segunda un angular de 120 graos,
mentres que a primeira presume de apertura f/1.9 e modo retrato en tempo real),
cámara frontal de 8 MpÃxeles con apertura f/2.0 e flash In-Display, desbloqueo facial e lector traseiro de pegadas dixitais
e, como punto máis forte, unha baterÃa de 5.000 mAh con carga de 15 watts por
USB-C. Falamos dun móbil que serÃa capaz de reproducir máis de 28 horas de
vÃdeo cunha única carga, e que con só 10 minutos de carga rápida poderÃa
reproducir vÃdeo durante 3 horas.
VÃdeo promocional do Samsung Galaxy M20
O Samsung Galaxy
M10 é moito máis modesto, cunha pantalla infinita de 6,22 polgadas con
resolución HD+, coas mesmas cámaras que o seu irmán maior, cun procesador
lixeiramente inferior, con desbloqueo facial pero sen lector de pegadas
dixitais, e cunha baterÃa de 3.400 mAh que promete unha boa autonomÃa pero que
queda moi lonxe do que ofrece o M20.
Polo momento non sabemos de cando veremos estes móbiles en España, nin o prezo
que terán, pero de manterse nunha liña semellante non serÃa de sorprender que o
Galaxy M20 se convertese nun dos móbiles máis recomendados en 2019.
VÃdeo promocional do Samsung Galaxy M10