Os Packard Bell oneTwo súmanse á alta definición

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os equipos todo-en-un con pantalla táctil de Packard Bell, os oneTwo, actualizaranse este verán, cambiando a súa aparencia externa e mellorando a súa resolución de pantalla para soportar a alta definición.
O Packard Bell oneTwo poderá adquirirse con pantallas multi-táctiles de 21,5 e 23 polgadas (ambas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles), con procesador Intel Core i Series ou AMD Vision, tarxetas gráficas nVIDA ou ATI, 3 potos USB, lector de tarxetas de memoria 5-en-1, webcam e sistema operativo Windows 7 acompañado por aplicacións de personalización da interface de usuario TouchPortal.
O modelo máis básico (con pantalla de 21,5 polgadas) destes equipos terá un prezo de 799 euros e sairá durante o presente mes, mentres que o modelo con pantalla de 23 polgadas custará a partir de 999 euros e demorará o seu lanzamento a agosto.
Estes equipos non só teñen unha excelente imaxe, senón que tamén incorporan tecnoloxía Creative THX TruStudio PC, contando cun nítido son envolvente 5.1; tamén haberá a posibilidade de configuralos con sintonización de televisión dixital e Blu-ray, converténdose en excelentes centros multimedia.

PUBLICIDADE