Os MacBook Pro renóvanse mellorando en potencia, autonomÃa e pantalla
luns, 18 de outubro do 2021
A grande presentación de Apple da pasada tarde centrouse nos
novos ordenadores MacBook
Pro de 14 e 16 polgadas, que estrean os chips M1 Pro e M1 Max, ofrecendo un
rendemento e unha autonomÃa extraordinarios e a que probablemente sexa a mellor
pantalla equipada nunca nun ordenador portátil.
Os MacBook Pro de 14 e 16 polgadas apostan por un grande rendemento gráfico
funcionando tanto con baterÃa coma conectados á corrente, aÃnda que o detalle
máis visible destes novos equipos serÃa o seu deseño, cunha pantalla de marcos
tan reducidos que a súa cámara FaceTime HD a 1080p ten que albergase nunha
pestana superior central como fixeron os iPhone nos últimos anos.
As novas pantallas Liquid Retina XDR dos MacBook Pro ofrecen unhas imaxes cun
nivel de detalle impresionante e un contraste elevado, como xa vimos nos
últimos iPad Pro de 12,9 polgadas, resultando ideais para visualizar e editar
fotografÃa e vÃdeo. Grazas ao uso da tecnoloxÃa mini-LED as novas pantallas
conseguen chegar até os 1.000 nits de brillo e a un contrate de 1.000.000:1, unha
boa reprodución do HDR e incluso unha frecuencia de refresco adaptable de até 120
Hz, conseguindo asà unha grande fluidez nos movementos. Tamén podemos destacar
que as dimensións reais das pantallas son de 14,2 e 16,2 polgadas, superando
aos modelos anteriores da compañÃa da mazá.
A nova webcam dos equipos tamén permite unha captación de imaxes moi superior
ao que estamos afeitos en equipos de Apple, e os seus micrófonos tamén achegan
unha grande calidade de xeito que as videoconferencias dende un MacBook Pro
serán de grande calidade, á vez que tamén teremos 6 altofalantes que achegan un
son cun bo nivel de volume e cunha grande fidelidade.
Resulta especialmente rechamante que os novos MacBook Pro decidisen traer de
volta numerosas conexións fÃsicas, e agora poderán presumir de 3 portos Thunderbolt
4 para periféricos, lector de tarxetas de memoria, un porto HDMI, unha toma de
audio mellorado e incluso un conector de carga MagSafe 3. Unha novidade que agradecerán
especialmente os profesionais que se movan moito, e que non queiran ter que
cargar con adaptadores cando, por exemplo, teñen que realizar unha presentación
nunha pantalla allea. Tamén atendendo aos gustos de moitos usuarios decidiron prescindir da Touch Bar e incorporar teclas de función fÃsicas, polo que non falta quen considera que estamos ante unha viaxe de 6 anos ao pasado no que se refire a certos elementos fÃsicos do produto.
Pero o punto forte destes novos portátiles son os seus grandes procesadores, o
M1 Pro e o M1 Max, que permiten levan un paso adiante a tecnoloxÃa Apple
Silicon, que adáptase a usos máis profesionais (como a edición de vÃdeo)
podemos manter un equipo lixeiro, silencioso e con boa autonomÃa.
O M1 Pro ten unha CPU de 10 núcleos (8 de rendemento e 2 de eficiencia) e unha
GPU de até 16 núcleos, o que supón un 70% máis de rendemento que un M1 e até o
dobre de rendemento a nivel gráfico, podendo traballar con até 32 GB de memoria
unificada, polo que achega moita potencia para os que precisan traballar con grandes
ficheiros (fotográficos ou de vÃdeo).
Máis avanzado serÃa o M1 Max, con 10 núcleos de GPU e até 32 núcleos de GPU, de
xeito que serÃa até 4 veces máis rápidos que un M1 e poderÃa mover até 64 GB de
memoria unificada, polo que serÃa apto para traballar en escenarios moi
esixentes, como cando se traballa con vÃdeo profesional en 8K.
Esta potencia non impide que presuman de autonomÃa, e o MacBook Pro de 14
polgadas ofrece até 17 horas de reprodución de vÃdeo (7 horas máis que o modelo
anterior), mentres que o modelo de 16 polgadas chegarÃa até as 21 horas de reprodución
(10 horas máis que o modelo anterior). Aseguran que os desenvolvedores poderán
compilar 4 veces máis código e os fotógrafos poderÃa dobrar o tempo de edición
con Lightroom con estes novos equipos, o que é posible grazas ao salto dende os
procesadores de Intel aos de Apple, sen que iso supoña un cambio importante no
prezo.
O
MacBook Pro de 14 polgadas parte dun prezo de 2.249 euros (con 16 GB de memoria
e 512 GB de almacenamento) e chega aos 2.749 euros (con 1 TB de almacenamento),
mentres que o modelo
de 16 polgadas parte de 2.749 euros (con 16 GB de memoria, 512 GB de
almacenamento e procesador M1 Pro) e chegarÃa até os 3.849 euros (con 32 GB de
memoria, 1 TB de almacenamento e procesador M1 Max). Uns prezos de base claramente dirixidos
a un mercado profesional, que no caso de optar por configuracións máis completas que as de referencia poderÃan chegar até os 6.839 euros dun MacBook Pro de 16 polgadas con 64 GB de memoria, 8 TB de almacenamento e procesador M1 Max.
VÃdeo promocional dos novos MacBook Pro