Os HP TouchSmart medran de tamaño e resolución de pantalla

mércores, 17 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A famlia de ordenadores de HP integrados nunha pantalla táctil conta xa cun irmán maior, o HP TouchSmart IQ800, que é o nome da gama de equipos con pantallas de 25,5 polgadas, o que non só achegan un tamaño considerable senón que tamén presentan unha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, o que os fan axeitados para contidos FullHD. Inclúen Wi-Fi, Bluetooth, webcam, sintonizador de televisión, mando a distancia, altofalantes, 5 portos USB, FireWire, teclado e rato sen fíos.
Polo momento se dan a coñecer dous modelos destes equipos, comezando polo IQ804, que funciona cun procesador Intel Core 2 Duo T5850 a 2,16 GHz, 500 Gb de disco duro e unha tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9300 M GS con 256 Mb de memoria de vídeo; mentres que o IQ816 emprega un Core 2 Duo T8100 a 2,1 GHz, 750 Gb de disco duro, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9600 M GS con 512 Mb de memoria e lector de discos Blu-ray.
O IQ804 se venderá por 1.899 dólares a partir do día 31, mentres que o IQ816 se retrasará ata o 12 de outubro, cando se poderá adquirir por 2.099 dólares.

JPEG - 92.7 KB
Os HP TouchSmart trasladan a experiencia de uso dun iPhone aos ordenadores de sobremesa

PUBLICIDADE