Apple presenta uns auriculares sen fÃos cun prezo de 629 euros
mércores, 9 de decembro do 2020
Apple
vén de presentar os AirPods Max,
uns auriculares sen fÃos de diadema con son de alta fidelidade que combinan un
deseño acústico a medida, chips H1 e software avanzado para ofrecer prestacións
como a ecualización adaptativa, cancelación activa de ruÃdo, modo de son
ambiente e audio espacial, que poden encargarse en 5 cores distintas para
chegar ás tendas o 15 de decembro ao sorprendente
prezo de 629 euros.
AÃnda que este produto leva moitos meses rumoreándose co nome de AirPods Studio,
confiábase en que fosen unha sorte de auriculares Beats de diadema, optimizados
para relacionarse co ecosistema de Apple, pero cun prezo moito máis contido,
pois non podemos esquecer que os auriculares que actualmente están considerados
como de referencia no mercado son os Sony WH-1000XM4, que aÃnda que
oficialmente custen preto dos 400 euros, na práctica poden atoparse por menos
de 275 euros (e o modelo anterior a preto de 200 euros), o que dá a entender
que os novos auriculares de Apple non buscan competir no mercado de consumo
ordinario, de xeito que haberÃa que velos como un produto de luxo.
A diadema dos AirPods Max conta cunha estrutura de aceiro inoxidable para ter
unha boa resistencia, a súa malla transpirable distribúe o peso e reduce a
presión sobre a cabeza e os seus brazos telescópicos esténdense con fluidez e
manteñen a posición para proporcionar o axuste desexado. Cada auricular conéctase
á diadema mediante un mecanismo que equilibra e distribúe a presión do auricular,
permitindo que xire e pivote de xeito independente para adaptarse á distintas
formas de cabeza. As amofadas son de espuma viscolástica que crean un illamento
eficaz. Pero O máis rechamante destes auriculares é que, en vez de optar por
unha superficie de control táctil, integran unha coroa dixital inspirada na do
Apple Watch, que ofrece control de volume e as tÃpicas opcións de control de
reprodución musical e chamadas.
Cada auricular leva 3 micrófonos orientados cara afora para detectar o ruÃdo
ambienta e un cuarto micrófono interior para monitorizar o son que chega aos ouvidos,
aproveitando toda esa información para unha cancelación activa de ruÃdo. Para
os momentos nos que precisamos escoitar o que acontece ao redor tamén podemos
activar o son ambiente para que o son recollido polos micrófonos se escoite nos
auriculares, para non ter que quitalos para escoitar algo puntual. Finalmente o
son espacial fai un seguimento dinámico da cabeza do usuario para poder situar
virtualmente os sons en calquera punto do espazo, de xeito que pódese gozar de
son envolvente (5.1. 7.1 e Dolby Atmos) dun xeito sen igual.
Ao contar con chips H1 temos un produto que pode conectarse de xeito áxil e
doado con case calquera dispositivo de Apple; ofrece unha autonomÃa de até 20
horas de son de alta fidelidade, conversación ou reprodución de filmes coa
cancelación de ruÃdo e o audio espacial activados e inclúen unha funda Smart
Case suave e compacta que pon os auriculares en modo de consumo ultrabaixo para
aforrar enerxÃa cando non se están a empregar. Cárganse a través de Lightning,
podendo gozar de até hora e media de uso con só 5 minutos de carga.
Falta agora ver como son realmente estes produtos na práctica, ou sexa, se
realmente ofrecen unha calidade sonora que poida xustificar o seu prezo tan
elevado, o que parece difÃcil xa que non estamos ante un produto orientado a un
mercado profesional (no que imperan os auriculares con cable, xa que foxen dos
retardos provocados pola transmisión Bluetooth).
VÃdeo de presentación dos AirPods Max