Os 6 primeiros xogos de Mega Man chegan ao móbil
xoves, 5 de xaneiro do 2017
O mes pasado Capcom saÃu á palestra a anunciar que estaban a
preparar as versións móbiles dos primeiros xogos de Mega Man, no que parecÃa unha xogada oportunista para
aproveitar o interese espertado por Super
Mario Run, pero finalmente o xogo chega cun dÃa de antelación e
decepcionando á meirande parte dos usuarios que se ben consideran razoable que
cada unha das 6 entregas se vendan por separado a 1,99 euros, non teñen a mesma
sensación ao ver correr os xogos dun xeito bastante brusco e cun control moi
pouco preciso.
Esta adaptación do xogo
semella ser un emulador puro e duro do xogo orixinal, presentando unha cruceta
e uns botóns en pantalla, que distan moito da precisión de mandos fÃsicos, de
xeito que superar os retos que propoñen os xogos lanzados entre 1987 e 1993
para a clásica consola de Nintendo son un desafÃo máis polas dificultades de
manexo que pola falta de habilidade do usuario. Por fortuna, o modo de xogo normal ofrece continuacións ilimitadas,
de xeito que podemos volver sempre ao último punto de control, mentres que o
modo difÃcil limita o número de continuacións, reduce os puntos de control e
conta con inimigos máis desafiantes.
Estes xogos presentan unha taxa de fotogramas moi reducida, polo que só serÃan
recomendables para incondicionais da saga que queiran levar os clásicos no seu
móbil.
VÃdeo promocional de Mega Man Mobile