Origin ofrece Peggle de balde

mércores, 18 de abril do 2018 Marcus Fernández

Para dar a coñecer a súa tenda dixital de videoxogos, Electronic Arts ten a iniciativa Invita la casa de Origin, coa que de cando en vez ofrece xogos completos totalmente de balde, e nesta ocasión o título que agasallan é todo un clásico: a edición estándar de Peggle.
Trátase dun xogo de quebracabezas na que o xogador pode disparar unha bola para eliminar as fichas de cor laranxa que aparecen en cada un dos 55 niveis nos que tamén poderemos empregar 10 poderes máxicos (asociados a fichas de distintas cores). O xogo tamén conta con 75 desafíos de Grande Mestre e permite xogar contra amigos ou contra a intelixencia artificial nun modo Duelo.
Aínda que a mecánica é bastante sinxela, este xogo lanzado en 2007 consegue captar o interese do xogador, e converterse nunha fonte de diversión que desta volta é especialmente de agradecer por ofrecerse completamente de balde.

Peggle é un quebracabezas sinxelo, pero sumamente adictivo.

PUBLICIDADE