Orange traerá a versión 4G do Galaxy Watch a España
mércores, 29 de agosto do 2018
A primeiros de mes Samsung
anunciou o seu último smartwatch,
cunha autonomÃa de até 80 horas e modelo con conectividade 4G, sen chegar a adiantar
os detalles sobre a súa chegada ao mercado, pero na páxina web do fabricante xa
podemos ver como aceptan a súa reserva, para o seu envÃo o 18 de setembro.
O Galaxy Watch chegará en modelos con caixa de 42 milÃmetros a un prezo de 309
euros e con caixa de 46 milÃmetros a 329 euros, recompensándose a compra
anticipada cuns auriculares sen fÃos JBL Under Armour valorados en 159 euros.
Pero a sorpresa da xornada chegou da man de ADSLzone, medio que asegura que teremos
o modelo do Galaxy Watch con conectividade 4G en España a través de Orange,
operador que leva tempo ofrecendo smartwatches
con eSIM, de xeito que ten preparados os seus sistemas para poder tirar
proveito deste tipo de dispositivos.
Até o momento Orange
ofrece o uso de eSIM co reloxo conectado Huawei Watch 2 titanium, e de
facelo tamén co Galaxy Watch serÃa unha grande nova para os partidarios de
poder deixar o móbil na casa e manterse conectado grazas ao reloxo de pulso,
podendo ao mesmo tempo recibir chamadas telefónicas, mandar mensaxes, empregar
a localización GPS, rexistrar a actividade deportiva e incluso escoitar música por
Bluetooth.