Orange prepara un novo móbil con Android 2.2 e teclado QWERTY

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Os operadores de telefonía móbil continúan a achegar ao mercado distintos terminais co sistema operativo Android comercializados baixo a súa marca, e o último en chegar será o Orange Barcelona, que xa figura na páxina web británica da operadora, e que destaca por contar cun teclado QWERTY completo (polo que parece máis un terminal BlackBerry que un móbil con Android 2.2).
O Orange Barcelona ten unha pantalla táctil TFT de 2,6 polgadas, cámara de 3,2 Mpíxeles con gravación de vídeo, videochamada, Wi-Fi, 3G, GPS, soporte da tecnoloxía HD Voice de Orange, acceso á Orange App Store, altofalante cun alto nivel de volume, radio FM, unha autonomía de 7 horas en chamada e 12 días en espera e unhas medidas de 115 x 63 x 9,9 milímetros e un peso de 115 gramos.
Este móbil resulta ser unha versión remarcada do Huawei Boulder, que podemos ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE