Orange estrea rede 5G en 5 cidades
luns, 7 de setembro do 2020
En xuño Vodafone
estreou a súa rede comercial 5G (o que en Galicia limÃtase a Vigo, A Coruña
e Tui), e aÃnda que o resto de operadores aseguraron que non era a súa
prioridade dar tal salto tecnolóxico, comezan a mover ficha, e Telefónica
anuncia que antes de rematar o ano dará cobertura 5G ao 75% da poboación
española, sumándose tamén agora a esta tendencia Orange,
que hoxe anuncia
o lanzamento da súa rede 5G en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla e Málaga.
Os clientes particulares e de empresa de Orange que estean nunha zona con cobertura
e teñan un teléfono compatible coa tecnoloxÃa 5G poderán xa gozar das bondades da
nova xeración de telefonÃa móbil sen custo adicional, anunciando o operador que
a partires de hoxe todas as súas tarifas pasan a ser 5G.
A compañÃa xa tiña no seu catálogo un bo número de smartphones compatibles coa
5G, e ten prevista a incorporación de novos terminais nas vindeiras semanas.
Cómpre detallar que aÃnda que se fala de cobertura en varias cidades, dentro
das mesmas a cobertura dista moito de ser total, pois temos que ter en conta
que estamos ante o espallamento inicial dunha tecnoloxÃa á que aÃnda lle queda
moito por avanzar e, de feito, moitas das vantaxes da 5G non comezarán a
percibirse até que se libere o segundo dividendo dixital, o que terá lugar en
2021, e que será cando os operadores poderán comezar a aproveitar frecuencias
empregadas actualmente pola TDT para conseguir unha mellor cobertura
(especialmente no interior das vivendas).