Optoma pon á venda proxectores 4K con HDR por menos de 2.000 dólares
mércores, 7 de xuño do 2017
Durante moitos anos os proxectores de vÃdeo eran a única
opción válida para os que querÃan gozar de cine en casa, pero as novas
resolucións de pantalla dos televisores de grande formato deixáronos fóra de
xogo, e agora parecen no mercado proxectores que queren mudar a situación, como
os novos Optoma UHD60 e UHD65, que contan con resolución 4K e soporte de HDR,
mantendo o seu prezo nuns contidos 1.999 e 2.499 dólares, ou sexa, que por fin
os proxectores 4K baixan dos 2.000 dólares, facendo posible solucións de cine
en case que até o momento parecÃan un soño.
O Optoma UHD60 é un
proxector de consumo, do que aÃnda non sabemos o prezo en España, pero que ao
custar 1.999 dólares en EE.UU. xa temos claro que estamos ante un produto que
fai asumible meter un cine na casa cunha calidade de imaxe que polo momento
teñen poucas salas comerciais (de feito, non hai ningunha en Galicia que ofreza
ultra alta definición con HDR).
Este dispositivo está dirixido a quen queira ver ao grande a televisión, videoxogos
ou pelÃculas, ofrecendo un brillo de 3.000 lumenes e unhas cores sorprendentes,
que incluso integra un potente altofalante (para quen non queira depender de
altofalantes externos). Conta con numerosas entradas para facilitar a conexión
de distintas fontes de vÃdeo, a súa imaxe ten unha resolución nativa de 3.840 x
2.180 pÃxeles en 16:9 (compatible con 4:3) e pode xerar unha imaxe de entre
26,25 e 302,2 polgadas a unha distancia de entre 1,3 e 9,3 metros (ou sexa, que
pode cubrir unha superficie de 6,69 x 3,77 metros, tamaño realmente
impresionante para un proxector doméstico).
Pola súa banda o proxector Optoma
UHD65 en vez de atender ao propósito xeral está optimizado para a
reprodución de pelÃculas, de xeito que non se comercializa directamente ao
público, senón a través de compañÃas instaladoras.
- O proxector Optoma UHD65 está dispoñible a través de instaladores profesionais que faciliten a súa transformación en auténticos cines en casa