Opentrad facilita a tradución automática de documentos
mércores, 6 de abril do 2011
O servizo vía web Opentrad desenvolvido
pola compañía galega Imaxin Software, capaz de traducir textos en galego,
español, portugués, inglés, francés e catalán de xeito automático, incorpora
unha nova funcionalidade moi atractiva, consistente na tradución de documentos
en distintos formatos (.DOC, .DOCX, .PPTX, .XLSX, .ODT, .HTML, .XML e .TXT)
mantendo o formato e estilo orixinais.
Deste xeito, supérase o atranco do idioma á hora de remitir un documento de
texto, unha folla de cálculo ou unha presentación de PowerPoint a unha persoa
que non fale a nosa lingua, estando dispoñible este servizo por un prezo que
parte dos 3 euros e que poden pagarse mediante mensaxes de texto no móbil e sen
precisar de rexistro.
Esta última actualización de Opentrad tamén mellora substancialmente a súa
calidade na tradución entre español-galego, español-catalán, español-portugués
e español-portugués do Brasil, sendo este último par de tradución unha
novidade, como a adaptación ao novo acordo ortográfico do portugués. En breve
tamén estará dispoñible a tradución español-chinés.