Onyx comercializa un monitor de tinta electrónica de 25 polgadas

venres, 25 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Os lectores de libros electrónicos teñen a sona de resultar máis agradables á vista para longas sesións de lectura, e baixo ese pretexto a marca especializada en eReaders Onyx vén de lanzar no mercado chinés, coa intención de internacionalizar o produto en outubro, o monitor BOOX Mira Pro, que vén a ser unha pantalla de 25,3 polgadas con tecnoloxía eInk que presenta unha resolución de 3.200 x 1.800 píxeles e pode conectarse por mini HDMI a calquera equipo informático, o que pode resultar axeitado para usuarios que pasan longas horas consumindo contidos de texto no escritorio.
Esta interesante pantalla, que en China custa 8.999 iuans (1.268 euros), deixando claro que non está ao alcance de calquera, polo que entendemos que ten unha orientación profesional, como transmite tamén o feito de que a pantalla poida xirarse 90 graos, prestación moi demandada entre profesionais do deseño gráfico.

PUBLICIDADE