Onimusha: Warlords renóvase para chegar ás plataformas de xogo actuais

martes, 15 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

En 2001 veu a luz o xogo de acción e loita con espadas Onimusha: Warlords, e para que os xogadores con equipo actuais poidan recuperar este xogo volve hoxe ao mercado nunha versión remasterizada na que presenta maior resolución, compatibilidade co modo 16:9 e controis modernizados, podendo adquirirse por 19,99 euros para PlayStation 4, Xbox One, PC (Steam) e Nintendo Switch, de xeito que practicamente ningún xogador quedará sen a oportunidade para achegarse a este título.
Este xogo vendeu máis de 2 millóns de copias da súa versión orixinal, e o retorno desta aventura de acción e supervivencia ambientada no período Sengoku é unha magnifica oportunidade para rememorar a revolución que supuxo o xogo orixinal ou un achegamento para novos xogadores, que actualmente non dispoñen dunha Xbox orixinal ou dunha PlayStation 2 para poder chantar o dente a este clásico de Capcom que deu pé a un par de secuelas e varios spin-offs.

Onimusha: Warlords iniciou unha saga de xogos de grande éxito
En Onimusha: Warlords temos un xogo de grande violencia ambientada no período Sengoku

Tráiler de lanzamento de Onimusha: Warlords

PUBLICIDADE