Oléphone ofrece a súa fibra de 1 Gbps ao prezo da de 300 Mbps

luns, 17 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

O operador Oléphone, con cobertura de Vodafone, vén de actualizar as súas tarifas, destacando especialmente polo feito de ofrecer na súa fibra «1.000 Mbps ao prezo de 300 Mbps», de xeito que a súa tarifa estrela sería a de fibra de 1.000 Mbps, 5 GB de móbil, chamadas ilimitadas e máis dun cento de canles de televisión por 34,95 euros/mes, de xeito que só custaría 5 euros máis que a tarifa combinada con 100 Mbps de fibra (ou sexa, que a súa tarifa básica sería de 29,95 euros/mes). Tamén permiten contratar fibra de 1.000 Mbps e móbil con 30 GB de datos por 39,90 euros/mes.
A mesma compañía tamén ofrece liñas de só fibra de 100 Mbps por 26,95 euros/mes e de 1.000 Mbps por 29,95 euros/mes (as tarifas de 300 e 600 Mbps deixarían de ter sentido por custar 29,95 e 34,95 euros/mes respectivamente). Oléphone conta tamén con liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 6, 12, 20 e 35 GB de datos por 7,95, 10,95, 14,95 e 19,95 euros/mes.

PUBLICIDADE