Olens vende nos EE.UU. un proxector de vÃdeo de baixÃsima gama
luns, 10 de novembro do 2008
Os proxectores de
vÃdeo son un dos produtos da electrónica de consumo que máis baixaron de prezo
nos últimos anos, á vez que perderon peso coma opción de cine en casa ante o
incremento das pantallas TFT e de plasma, pero este tipo de trebellos poden
resultar de moito interese para usuarios móbiles que queiran realizar
presentacións públicas, e incluso se pode aproveitar a obsolescencia dalgúns
trebellos para ofertalos a prezos moi atractivo, e asà puidemos ver coma nos
EE.UU. se vendÃa un proxector
persoal de Olens por 179 dólares (uns 140 euros) o que é unha opción de
grande interese aÃnda que non ofreza unhas prestacións destacables, xa que a
súa resolución é de só 640 x 480 pÃxeles e a súa lámpada só soporta 300 horas
de vida (aÃnda que inclúe outra lámpada adicional de serie).
Este proxector pode xerar unha imaxe de ata 70 polgadas de diagonal,
chegándolle 2 metros de separación para crear unha proxección de 50 polgadas
nun ambiente escuro (só ten 300 lúmenes). Tamén integra altofalantes, conta con
entradas de vÃdeo composto, S-Video e VGA e as súas medidas son de 390 x 200 x
103 milÃmetros (encaixando
bastante ben sobre unha torre dun ordenador).
Teriamos asà un dispositivo a medio camiño entre os proxectores de vÃdeo de
gama baixa e os pico-proxectores, que destaca principalmente polo seu baixo
prezo.
- Pese ao seu axustado prezo, o proxector tamén inclúe unha lámpada de recambio