Office 2021 chegará o 5 de outubro
venres, 17 de setembro do 2021
A
primeiros de ano Microsoft anunciou
que a súa suite ofimática terÃa unha nova versión con licenza vitalicia para
Windows e para macOS, Office 2021, sen concretar a súa data de lanzamento,
e agora sabemos que esta proposta alternativa ao servizo de subscrición
Microsoft 365 verá
a luz o vindeiro 5 de outubro, ou sexa, coincidindo coa data de lanzamento
de Windows 11.
Office 2021 é unha boa opción para usuarios e empresas que non poden gozar de
servizos na nube por distintas circunstancias, e que deste xeito poden mercar
unha licencia do software ofimático de Microsoft, recibindo 5 anos de soporte
oficial, aÃnda que sen recibir as grandes actualizacións das aplicacións
incluÃdas nin poder gozar das funcionalidades baseadas na nube.
Entre as novas funcións que terá Office 2021 destacan un modo para evitar
distracción mentres empregamos o Word, unha función que axuda á busca de
elementos nunha táboa ou rango por fila en follas de cálculo de Excel,
compatibilidade con matrices dinámicas en Excel e, a máis rechamante, a chegada
do modo escuro.