Office 2019 xa é unha realidade

luns, 24 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Microsoft mudou o xeito de comercializar a súa suite ofimática, de xeito que promove a subscrición a Office 365 en vez da compra do lote de aplicacións, pero aínda que algúns esperaban que deixasen de comercializar o software con licenzas vitalicias, iso non foi así, de xeito que en 2015 lanzaron Office 2016 e agora están a facer o mesmo con Office 2019, de xeito que a nova grande versión do Microsoft Office xa está dispoñible de xeito xeral para Windows e macOS.
Office 2019 supón a renovación de Word, Excel, PowerPoint, Outlook, Project, Visio, Access e Publisher, integrando moitas das funcionalidades que foron incorporándose a Office 365 nos últimos anos, así como algunhas novidades que estaban actualmente en probas.
Dende Microsoft insisten en que coa subscrición facilitan novidades frecuentes ao seu software, pero para quen non resulte práctica a contratación de Office 365 a nova versión vitalicia é unha boa opción para poder contar con prestacións como poder crear presentacións cinemáticas en PowerPoint (con características como Morph e Zoom), en Excel cóntase con novas ferramentas de análise de datos, Word e Outlook incorporan funcionalidades como a lectura en voz alta e, de xeito xeral, as aplicacións fan un maior aproveitamento do uso da tinta electrónica de Windows.
Dende hoxe é posible mercar Office 2019 en compras por volume, mentres que nas vindeiras semanas chegarán Exchange Server 2019, Skype for Business Server 2019, SharePoint Server 2019, Project Server 2019 e o resto de versións de Office 2019.

PUBLICIDADE