Odyssey, a solución de GoPro para gravar vídeo de 360 graos, sae á venda por 15.000 dólares

martes, 8 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Durante a celebración do Google I/O acompañouse a presentación de Android M con varios servizos de Google e un par de tecnoloxías orientadas á realidade virtual, como Jump, unha solución para capturar vídeo en 360 graos que pode empregarse en YouTube, que conta con GoPro como socio para a produción de contidos profesionais.
A popular compañía de cámaras deportivas comezou hoxe a ofrecer, de xeito limitado, a súa solución para gravar vídeo envolvente valéndose de 16 das súas cámaras colocadas nunha estrutura circular, que os produtores profesionais poden solicitar agora para recibir unha unidade antes de rematar o ano.
O produto comercializado responde ao nome de Odyssey, ten un prezo de 15.000 dólares (13.421 euros) e busca axudar a gravar vídeo que poida crear contornos virtuais e experiencias innovadoras mediante a combinación de 16 cámaras GoPro HERO4 Black cun firmware personalizado e as súas correspondentes carcasas con cables de sincronización, unha funda personalizada ultra-resistente e micrófono, elementos que permiten un sistema doado para a creación de vídeo en realidade virtual, que logo pode cargarse a YouTube para poder contemplar as escenas en 360 grados dende distintos dispositivos (dende terminais móbiles ate castos de realidade virtual).

Vídeo de demostración da gravación de vídeo de 360 graos con Odyssey

PUBLICIDADE