OZO, a cámara coa que Nokia quere contribuÃr á realidade virtual
mércores, 29 de xullo do 2015
Nokia, a compañÃa
finlandesa restante tras a compra da súa división de móbiles por parte de
Microsoft, continúa na senda da innovación e apostando pola tecnoloxÃa, rumbo
que a leva a querer explorar o emerxente mercado da realidade virtual, polo que
presentan OZO, unha cámara deseñada por
profesionais da creación de contidos e que estrearÃa o catálogo de
solucións de medios dixitais de Nokia Technologies.
A cámara OZO concibiuse nos laboratorios de I+D de Tampere (Finlandia), aÃnda
que a fase final do produto desenvolverase en colaboración con profesionais da
industria audiovisual de cara finais do presente ano, cando espérase que estean
listas as primeiras unidades dun produto
que se fabricará en Finlandia.
Polo momento non se detallan as especificacións técnicas e o prezo deste
interesante produto deseñado para rexistrar contidos envolventes, sabéndose
polo momento que esta solución produce vÃdeo estereoscópico (3D) a través de 8
cámaras sincronizadas e 8 micrófonos, que incluso poden verse en tempo real
mediante unha solución innovadora que elimina a necesidade de ensamblar as
imaxes panorámicas para crear a vista envolvente.
Este tipo de cámaras buscan axudar á creación de experiencias audivisuais en
inmersivas empregando hardware como os cascos de realidade virtual que prometen
ter un grande pulo en 2016 co lanzamento comercial de Oculus Rift e do Project
Morpheus, polo que facilitar canto antes a produción de contidos para estes
dispositivos será unha oportunidade á que Nokia quere contribuÃr coa súa
tecnoloxÃa.
VÃdeo de adianto da cámara OZO de Nokia