OQO poderÃa estar a piques de desaparecer
martes, 14 de abril do 2009
- Os equipos de OQO, con pantallas de só 5 polgadas e un teclado pensado para usar cos polgares gozaban de grande potencia, aÃnda que a un elevado prezo
O fabricante dos
innovadores e populares ultraportátiles OQO poderÃa estar a pasar serios apuros
económicos, de xeito que se rumorea non só que a compañÃa está á venda, senón
que tendas coma eXpansys decidiron retirar
da súa páxina web o OQO Model 2+ «ante as
incertezas sobre a dispoñibilidade de stock», polo que
poderiamos estar ante o último equipo deste fabricante que foi dos primeiros en
facer un ordenador de reducidas dimensións coas prestacións dun portátil
ordinario, xa que incluso era
capaz de correr o sistema operativo Windows Vista nos seus modelos de 2007.
Nos últimos meses incluso os OQO fixeron aparicións en series de televisión coma Lie to Me e Jericho,
o que non parece ser suficiente para manter no mercado un equipo que co tamaño
dun MID achega a potencia dun portátil, aÃnda que o seu elevado prezo poderÃa
ser todo un atranco para o seu éxito nun momento no que os ultraportátiles de
baixo custo están en pleno apoxeo.