ONRUSH sorprende entre os xogos de PS Plus de decembro

mércores, 28 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O vindeiro 4 de decembro renovaranse os xogos de PlayStation Plus, cunha selección bastante interesante, que comeza cos xogos de PlayStation 4 SOMA (continuación do terrorífico Amnesia: The Dark Descent), con ONRUSH (xogo de condución arcade de Codemasters que veu a luz hai poucos meses, polo que é unha moi grata sorpresa) e coa aventura El Mundo de Nubla (que comeza nas salas do Museo Thyssen-Bordemisza).
Os xogos de PlayStation 3 de decembro serían Steredenn (un shooter espacial) e SteinsGate (unha novela visual, xénero moi popular no Xapón), resultando bastante máis rechamantes desta volta os xogos para PS Vita, como son Iconoclast (título de plataformas con estética pixelada que tamén poderemos gozar en PS4) e todo un xogo de referencia, Papers Please (simulador de control aduaneiro destacable pola súa orixinal proposta).

PUBLICIDADE