OCZ presenta novas unidades SSD tras a súa compra por Toshiba

xoves, 23 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Aínda que estes días pechouse a operación de compra de OCZ Storage Technologies por parte de Toshiba, iso non impediu que a compañía continuase co seu calendario de lanzamentos, estreándose como “A Toshiba Group Company” co lanzamento da nova unidade SSD Vertex 460, que promete un excepcional rendemento sostido para o grande público.
Estamos ante unha unidade de disco de estado sólido SATA III que acada velocidades de ata 545 Mbytes/seg. de lectura secuencial e 525 Mbytes/seg. de escritura secuencial, cun controlador BF3 M10 que soporta encriptación AES-256 e cunha garantía de 3 anos para unha carga de traballo duns 20 Gbytes/día. En un formato de 2,5 polgadas e véndese en tamaños de 120, 240 e 480 Gb que podemos atopar en liña a 104,99, 199,99 e 359,99 dólares respectivamente (77, 146 e 263 euros), deixando claro que esta tecnoloxía de altas prestacións achégase cada vez máis para a súa popularización.

PUBLICIDADE