O2 mellorará a súa oferta combinada con chamadas ilimitadas a móbiles dende o fixo

mércores, 5 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A oferta comercial do operador de baixo custo O2 non cesa de mellorar, e tras reducir o prezo da súa tarifa combinada de fibra e móbil de 58 a 50 euros/mes, preparan un novo cambio na tarifa segundo unha comunicación que están a recibir os actuais clientes na que indican que até o momento a «tarifa incluía chamadas ilimitadas dende o teléfono fixo a destinos fixos nacionais e dende o vindeiro 24 de xuño tamén incluirá chamadas ilimitadas a móbiles nacionais» o que supón unha clara simplificacións das comunicacións do fogar.
Lembremos que a tarifa combinada de fibra e móbil do operador de baixo custo de Movistar ofrece por 50 euros/mes unha liña de telefonía fixa (con cota incluída), fibra simétrica de 300 Mbps e liña móbil con 20 GB de datos e chamadas ilimitadas. A esta tarifa poden engadirse até 3 liñas móbiles adicionais con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por 15 euros cada unha.

PUBLICIDADE