O xogo remoto de PS4 ábrese todos os dispositivos con Android

luns, 7 de outubro do 2019 Marcus Fernández

As consolas de videoxogos máis populares contan con solucións de acceso remoto que, aínda que non son moi coñecidas, poden resultar moi prácticas, para poder botar unha partida sen ocupar o televisor principal do fogar, o que a PlayStation 4 permite tanto dende ordenadores como con dispositivos con iOS, tendo un soporte de Android que limitábase a certos móbiles da familia Xperia, o que muda esta semana coa actualización de sistema 7.00, que permite usar smartphones e tabletas con Android 5.0 ou superior para xogar a distancia á PS4 valéndose dunha aplicación móbil.
Unha das funcionalidades máis interesantes do xogo remoto de PS4 é que os mandos DualShock 4, ao contar con Bluetooth, poden empregarse directamente dende dispositivos móbiles con Android 10, iOS 13 e iPadOS 13, así como en ordenadores con macOS Catalina (que actualización que chegará este mesmo mes).
Outra novidade que achega a actualización de sistema da PS4 é a organización de festas avanzadas. Con Party poden xuntarse até 16 usuarios para conversar e, no caso de EE.UU., tamén será posible que as conversas de voz gocen de transcrición a texto de xeito automático (se os usuarios falan en inglés) e viceversa (ou sexa, que un usuario poderá escribir un texto e o resto de usuario escoitarán o texto a viva voz).

Vídeo promocional do xogo remoto de PS4 para dispositivos Xperia

PUBLICIDADE