O xogo na nube de Xbox será exclusivo en televisores Samsung até decembro

xoves, 4 de agosto do 2022 Marcus Fernández

O mes pasado os últimos televisores de Samsung estrearon a posibilidade de gozar do servizos de xogo na nube de Xbox a través da aplicación Gaming Hub, permitindo así gozar de xogos en streaming sen a necesidade de contar cun ordenador persoas ou unha consola de videoxogos; e agora Samsung Electronics anuncia que até decembro de 2022 terán en exclusiva este servizo para televisores.
Samsung Gaming Hub non só ofrece o streaming de Xbox (dependente dunha subscrición a Xbox Game Pass), senón que tamén permite gozar dos servizos de xogo en streaming nVIDIA GeForce NOW e Google Stadia, de xeito que Samsung colócase en cabeza no achegamento do xogo en streaming dende o televisor.

PUBLICIDADE