O xogo na nube de Xbox podería dar o salto a Full HD en breve

luns, 1 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Dende primeiros de maio é posible gozan dende España do xogo na nube de Microsoft, que permite correr xogos de Xbox dende dispositivos con Android, aínda que o feito de que o dispositivo obxectivo deste servizo de xogo en liña tivese unha pantalla de tamaño reducido fixo que a súa resolución estivese limitada a 720p, algo que teñen que mellorar cando falta pouco para que o streaming de videoxogos chegue a ordenadores persoais e dispositivos con iOS, e xa están a reportarse probas de retransmisión a 1.080p, o que é unha grande nova para usuarios de ordenadores persoais que non teñan potencia dabondo para correr certos xogos, xa que poderán paliar tal carencia con poder da nube.
A nova aplicación para PC que facilitará o xogo na nube tamén servirá para xogar en remoto aos nosos xogos das novas Xbox, que até o momento non ofrecían esta opción (presente en consolas da anterior xeración).
A información sobre o futuro de xCloud non é oficial, de xeito que non temos datos sobre cando chegarán as novidades que están previstas, e aínda que as probas actuais parecen limitarse a resolucións até Full HD, non sorprendería que fosen un pouco máis aló, pensando en boa medida nas tabletas con pantallas de alta densidade e incluso nunha posible integración de xCloud nalgún Smart TV.

PUBLICIDADE