O xogo na nube de Xbox chega aos televisores de Samsung

venres, 1 de xullo do 2022 Marcus Fernández

A aplicación de Xbox xa está dispoñible para os Smart TV de Samsung do presente ano, o que facilita o acceso a centos de xogos de Xbox Game Pass na nube, ou sexa, que pódese xogar a títulos como Halo Infinite, Forza Horizon 5 e Microsoft Flight Simulator sen necesidade de consola.
Para poder gozar deste servizo de consola na nube, aparte de contar cun televisor recente, tamén é preciso estar subscrito a Xbox Game Pass Ultimate, aínda que os usuarios que non están subscritos ao servizo si poden probar a experiencia ao grande, xa que Epic Games chegou a un acordo con Microsoft para que o Fortnite estea dispoñible para calquera usuarios sen ter que pagar polo servizo.
Para controlar os xogos dende o televisor pódese empregar case calquera mando Bluetooth (sendo o máis recomendable o das consolas Xbox), de xeito que a experiencia de consola sen consola é cada vez máis accesible.
Espérase que nos vindeiros meses Microsoft comercialice un dispositivo HDMI para poder gozar do xogo na nube en televisores que non teñan dispoñible a aplicación de Xbox.

Vídeo promocional do xogo na nube de Xbox nos televisores de Samsung

PUBLICIDADE