O xogo dos Vingadores estrea tráiler

martes, 11 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Hai algo máis de 2 anos Marvel Entertainment e Square Enix anunciaron un acordo de licenzas para o desenvolvemento de xogos baseados en superheroes da Casa das Ideas, comezando polos Vingadores, e por fin este título no que están a traballar Crystal Dynamics (estudo responsable da última saga de Tomb Raider) en colaboración con Eidos-Montréal (responsables da saga Deus Ex) déixase ver nun tráiler que permítenos coñecer a aparencia que terá este xogo que verá a luz para Xbox One, PS4, PC e Stadia o 15 de maio de 2020.
O tráiler estreado no marco do E3 déixanos ver como en Marvel’s Avengers teremos un equipo formado por Iron Man, Capitán América, Hulk, Thor e Black Widow, que ven como o que sería un día de celebración para homenaxear o seu labor na protección do mundo remata converténdose nunha catástrofe que afunde ao grupo que 5 anos despois volverá xuntarse para enfrontarse aos seus grandes inimigos (como o Supervisor e a Abominación).
O xogo contará tanto cun modo campaña para un xogador como con misións cooperativas, o que permitirá reflectir mellor o que son os Vingadores como equipo.

Tráiler do xogo publicado co gallo do E3

PUBLICIDADE