O vindeiro luns comezará a distribución ao público norteamericano do JooJoo
xoves, 25 de marzo do 2010
Cando o proxecto de crear un
equipo tipo tablet a través da
colaboración entre TechCrunch e Fusion Garage parecÃa que Ãa converterse en vaporware, dende esta última empresa
anuncian que as primeiras unidades do equipo, antes coñecido coma CrunchPad e
finalmente denominado JooJoo, comezaron a saÃr de fábrica, de xeito que os
usuarios que encargaron equipos nos últimos dÃas poderÃa
comezar a recibilos o vindeiro 29 de marzo.
O JooJoo é un equipo cunha pantalla táctil
panorámica de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, unhas
dimensións de 199 x 324,5 x 3,8-18,9 milÃmetros, un peso de 1,1 Kg, Wi-Fi,
Bluetooth 2.1, 4 Gb de almacenamento interno, 1 porto USB, altofalantes,
micrófono, toma para auriculares estándar, acelerómetro, sensor de luz
ambiental, cámara para videoconferencia e unha autonomÃa de ata 5 horas (usando
Wi-Fi) que pode encargarse por 499 dólares, ou sexa, polo mesmo prezo que un
iPad de 16 Gb, aÃnda que a favor do JooJoo podemos comentar que goza dun
sistema operativo orientado á web, reprodución de vÃdeo ata a 1.080p e
compatibilidade con Flash 10.1 e Java.