O vídeo do esquío dramático convértese nun fenómeno da Rede en só 5 segundos de duración

venres, 22 de xuño do 2007 Marcus Fernández


Vídeo do esquío dramático

A emerxencia dos vídeos na Internet parece ir en paralelo ó déficit de atención dos internautas, de xeito aínda que os clips de vídeo estean a triunfar é preciso que conten cunha duración reducida para gozar de popularidade, en contraposición a outros produtos audiovisuais coma series de televisión e películas.
Este contraste está a crear conceptos coma os minisodios (resumos de episodios de series televisivas que conservan os suficientes elementos para permitir achegar os elementos máis importantes do arco argumental) e lanza á fama vídeos de duracións sumamente reducidas coma o último éxito da Rede: o esquío dramático.
O vídeo non é máis que un fragmento dun programa de televisión xaponés non que se ve a un canciño das praderías nunha gaiola de vidro e do que se seleccionaron tan só 5 segundos, que cun acompañamento musical tétrico fai que o corte resulte moi simpático, cunha realización digna do mesmísimo Alfred Hitchcock.


O vídeo orixinal da televisión nipona

Nun principio o vídeo do esquío dramático estaba a crear debate, pois había quen dubidaba que fose real, aínda que o que estaba claro era que se confundían de especie de roedor. Todo este rebumbio o que provocou é que o vídeo dese a volta o mundo (chegando incluso a blogs galegos), estando considerado coma o mellor vídeo 5 segundos que se pode ver na Internet.

PUBLICIDADE