O taller de robótica de Ler Conta Moito chega a Porto do Son

martes, 10 de agosto do 2021 S. P.

A rapazada de Porto do Son vai ter esta semana, o 12 de agosto, unha oportunidade inmellorábel para crear diferentes tipos de trebellos robóticos e manexalos a través das súas tabletas. Estamos a falar do obradoiro de robótica do programa Ler Conta Moito, que chega este día 12, a partir das 17.00 horas, á Casa da Cultura de San Pedro de Muro (Porto do Son).
O taller Robótica Creativa, Cultura Inspiradora vén da man da Rede Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración co Concello do Son (ao abeiro de Ler Conta Moito).
O obradoiro vén da man de A Nube Animación e diríxese a un público familiar, de nenos e maiores. A duración é de aproximadamente dúas horas. A través desta actividade, as e os asistentes descubrirán os principios da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM) participando nunha “experiencia de aprendizaxe divertida e práctica”.

PUBLICIDADE