O sur da provincia de Lugo terá banda larga por WiMAX

martes, 2 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Un home utilizando un portátil nun prado da Pobra de Brollón

Este luns publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para a adquisición e implantación dunha rede de telecomunicacións sen fíos de acceso á Internet de banda larga para os concellos do sur de Lugo, así coma o servizo de explotación da rede e a súa conservación, que contará cun orzamento de 1 millón de euros e que debería achegar a través de WiMAX conexións cunha capacidade mínima de 1 Mbps a un prezo máximo de 30 euros/mes (ou 40 euros/mes para conexións de 3 Mbps e 55 euros/mes pola de 6 Mbps) para os usuarios desta nova plataforma de conectividade á Internet que pretende loitar contra a fenda dixital. Tamén se fixa como cantidade máxima para a cota de alta no servizo en 300 euros.
O proxecto cofinanciado con FEADER beneficiará aos concellos de Carballedo, O Saviñao, Chantada, Taboada, Monterroso, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober e Pantón, podendo tamén espallarse á Peroxa, Nogueira de Ramuín, Palas de Rei e Rodeiro.

PUBLICIDADE