O sector TIC galego debe abrirse a novos mercados e intensificar a cooperación

martes, 30 de decembro do 2008 Marcus Fernández

No marco dunhas xornadas do Club de Debates Empresa e Finanzas que tiveron lugar na Coruña a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, apuntou que a procura de novos mercados e a necesidade de intensificar a cooperación son os principais retos que ten por diante o sector TIC en Galicia.
Veiguela fixo estas declaracións ante destacados representantes de asociacións, institucións e empresas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación de toda Galicia, tras o que referendou o compromiso da Xunta co desenvolvemento e a difusión das TIC.
No debate Jorge Cebreiros, presidente de INEO, achegou unha serie de cifras indicativas da importancia das empresas do hipersector que ten un crecemento do 7% fronte ao 5,9% de media da economía; á vez que Ramón María Lois, vicepresidente de Aetic-Galicia, advertiu da importancia que poden ter as decisións que se adopten agora no estratéxico sector da TIC e subliñou que 12 empresas representan máis do 65% do sector en Galicia, o que reflicte a cantidade de microempresas na nosa comunidade, aínda que Veiguela quixo destacar que «non é que teñamos moita empresa pequena, o que pasa é que temos poucas grandes».

Ao debate celebrado na Coruña asistiron representantes de empresas, asociacións e institucións do sector TIC galego

PUBLICIDADE