O reprodutor con pantalla panorámica Onda VX767
mércores, 26 de marzo do 2008
No mercado hai multitude de reprodutores multimedia portátiles con
grandes prestacións, pero na meirande parte dos casos presentan unha relación
de aspecto de 4:3 cando moitos dos contidos actuais (especialmente en pelÃculas
e series de televisión) están en formato 16:9, polo que para atender esta
demanda sae o Onda
VX767, que na súa pantalla
panorámica de 4,3 polgadas presenta unha imaxe cunha resolución de 480 x
272 pÃxeles e permite a reprodución de numerosos formatos de vÃdeo (AVI, FLV,
ASF, MOV, MP4, WMV, 3GP e MPG) e audio (MP3, WMA, APE e FLAC).
O reprodutor tamén permite a visualización de imaxes, a gravación de voz, a
sintonización de radio FM e mesmo algún xogo sinxelo.
Os contidos almacénanse en tarxetas de memoria microSD cunha capacidade máxima
soportada de 32 Gb e a súa autonomÃa permite a reprodución contÃnua de 40 horas
de audio e 10 horas de vÃdeo.