O reprodutor Playon!HD faise Mini

martes, 15 de decembro do 2009 Marcus Fernández

O consumo de contidos de alta definición é actualmente bastante limitado por mor das reducidas emisións televisivas, o que pode corrixirse grazas a soportes coma o Blu-ray e descargas a través da Internet, de aí que proliferen nos últimos meses os reprodutores multimedia domésticos, que funcionan con discos duros externos ou tarxetas de memoria USB, e que permiten amosar vídeos ata a 1.080p, aos que agora incorpórase Playon!HD Mini, un pequeno reprodutor que de grande potencia e un prezo bastante contido (99 euros).
O seu fabricante xa contaba co Playon!HD, á venda por 50 euros máis, que é capaz de reproducir vídeo en MPEG-1/2/4, AVC (H.264), Xvid, DivX, WMV9 (VC-1) e RealVideo 8/9/10 (ata 720p) en contedores coma AVI, MKV, TS, MP4, MOV, VOB, ISO, IFO, WMV, ASF, RM, RMVB, FLV e outros, de xeito que reproduce os principais ficheiros de vídeo que atopemos a través da Interent. Adicionalmente conta con espazo para un disco duro interno e un lector de tarxetas de memoria, que son os elementos que perde na súa versión reducida.
Ambos reprodutores contan con porto Ethernet (para conectividade LAN) e 2 portos USB, que non só serven para dispositivos de memoria, senón que tamén poden empregarse para conectar un adaptador Wi-Fi N, de xeito que dótaselle de conectividade sen fíos, práctica para achegar contidos dende un ordenador ou outro dispositivo en rede.

Os reprodutores Playon!HD gozan de boa conectividade

PUBLICIDADE