O remake de Toki chega a PS4, PC e Xbox One
martes, 18 de xuño do 2019
O
esperado remake en alta definición do clásico Toki,
que desenvolveuse con bastantes atrancos por parte de Golgoth Studio, chegou
inicialmente a Nintendo Switch nunha edición moi especial que incluÃa unha
especie de máquina recreativa de madeira na que poder colocar a Switch e
simular asà que estamos a gozar do xogo nunha versión arcade; e agora o
resto de plataformas reciben con alegrÃa este magnÃfico xogo que podemos mercar
para PlayStation
4, PC e Xbox
One.
Estamos ante a recuperación dun xogo de plataformas de 1989 que trunfara en
máquinas recreativas e que tiñan unha aparencia moi coidada para a época, pero que
para a súa recuperación precisaba de certo esforzo, de xeito que para que esta
nova versión lucise ben tiveron que redebuxar a man todos os seus gráficos,
conseguindo un acabado magnÃfico, que demostra que cun pulido gráfico é posible
gozar como no primeiro dÃa unha auténtica xoia que xa ten 30 anos.
O xogo métenos na pel dun guerreiro transformado nun chimpancé, que terá que
superar numerosos perigos para rescatar á súa amada Miho dos bruxo Vookimedlo e
o demo Bashtar. Nesta aventura haberá que percorrer un labirinto, un lago, unha
caverna de lume, un palacio de xeo, unha xungla e un palacio dourado, ou sexa, unha
grande riqueza de escenarios que farán que avanzar polas distintas fases sexa
un desafÃo para o xogador e un agasallo para a vista.
- O xogo amosa uns gráficos detallados debuxados a man
Tráiler do xogo