O rato Logitech MX Master 4 integra resposta háptica
martes, 30 de setembro do 2025
Os ratos informáticos de referencia no mercado, os MX Master de Logitech, estrean unha nova xeración, os MX Master 4, que combinan precisión, conectividade mellorada e un deseño orientado á produtividade, pero cun elemento diferencial: a incorporación de resposta háptica para ofrecer unha interacción máis inmersiva.
Esta nova función de resposta háptica permite recibir vibracións sutÃs ao desprazarse, navegar ou seleccionar, algo especialmente útil en edición de vÃdeo, deseño ou análise de datos. Complementariamente, Actions Ring, unha capa dixital dispoñible a través de Logi Options+, ofrece accesos directos personalizables e especÃficos para cada aplicación, o que permite aforrar ata un terzo do tempo de traballo e reducir os movementos repetitivos do rato.
O MX Master 4 tamén integra un novo chip de alto rendemento e unha antena optimizada que duplican a forza de conexión respecto de modelos anteriores. O receptor USB-C Bolt garante un emparellamento rápido e estable con portátiles, escritorios ou tabletas, mentres que os materiais resistentes ás manchas e un deseño duradeiro aseguran longa vida útil.
Entre as especificacións técnicas destacan a roda MagSpeed capaz de desprazar ata mil liñas por segundo, sensor de 8.000 DPI con seguimento fluÃdo en case calquera superficie (mesmo vidro), clics silenciosos un 90 % máis discretos ca no MX Master 3 e carga rápida USB-C que ofrece tres horas de uso cun só minuto de carga e ata 70 dÃas cunha carga completa. Tamén permite vincular e alternar ata tres dispositivos, con compatibilidade multi-plataforma e transferencia de ficheiros a través de Logi Options+.
O MX Master 4 está xa dispoñible en cor grafito e gris pálido a un prezo de 129,99 euros, contando tamén cunha versión especÃfica para Mac en cor negra espacial e prata branca tamén a un prezo de 129,99 euros (pese a carecer do receptor USB-C Bolt).
VÃdeo promocional do novo rato de Logitech
