O proxecto Erasmus+ EDIGIT avanza cun Focus Group no CITIC
luns, 19 de maio do 2025
O pasado 15 de maio, o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu unha sesión de Focus Group no marco do proxecto europeo Erasmus+ EDIGIT, integrada no paquete de traballo número 2 (WP2), centrado no deseño de directrices metodolóxicas e pedagóxicas e na elaboración do Ãndice de contidos dos módulos formativos destinados a fomentar a inclusión no ensino das disciplinas STEM.
A principal finalidade desta sesión era recoller impresións, suxestións e valoracións sobre a pertinencia e a utilidade dos contidos formativos en desenvolvemento no marco do proxecto. Participaron 15 profesionais de diversos ámbitos: profesorado STEM, orientadores, especialistas en coidados e atención á discapacidade, docentes de educación especial, profesorado universitario das áreas de educación e terapia ocupacional, asà como representantes do sector TIC.
A actividade estruturouse en dúas fases. A primeira estivo dedicada á presentación do proxecto EDIGIT, os seus obxectivos e o propósito do Focus Group, xunto coa exposición das directrices metodolóxicas e pedagóxicas e o borrador do Ãndice temático. Tamén se deu espazo para que os participantes se presentasen e identificasen as organizacións ás que pertencen.
Na segunda parte, organizáronse pequenos grupos de traballo (máximo cinco persoas) con moderadores que guiaron o debate arredor de tres eixos principais: o enfoque metodolóxico, a estrutura dos módulos temáticos e a proposta de Ãndice de contidos.
As achegas recollidas nesta sesión serán claves para garantir que o material formativo que se desenvolva no proxecto EDIGIT resulte útil, pertinente e adaptado á realidade dos colectivos implicados, avanzando cara a un ensino STEM máis inclusivo.