O portátil Razer Blade renova o seu procesador e a súa gráfica

luns, 13 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

O mercado dos ordenadores destinados a xogadores hardcore está a vivir un magnífico momento grazas ao novo rumbo que colleron as consolas de videoxogos e á chegada da realidade virtual, facendo que os últimos equipos teñan potencias gráficas máis que notables, incluso en equipos portátiles, como a revisión do Razer Blade, portátil con pantalla de 14 polgadas que vén de anunciar a súa renovación incorporando procesadores Intel Core de sétima xeración e gráfica nVIDIA GTX 1060, xunto con interesantes opcións e configuración.
Os novos portátiles Razer Blade funcionan con procesadores Intel Core i7-7700HQ, 16 GB de RAM (DDR4), gráfica nVIDIA GeForce GTX 1060 con 6 GB de memoria GDDR5, 256 GB/ 512 GB/ 1 TB de SSD en formato M.2, pantalla de 14 polgadas a elixir entre unha IPS Full HD en mate ou unha 4K multitáctil, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, son 7.1, teclado retroiluminado (con numerosas opcións de cor), unhas dimensións de 17,9 x 345 x 235 milímetros e un peso de entre 1,86 e 195 quilogramos, que non ten problema en facilitar o funcionamento de cascos de realidade virtual, de xeito que estariamos ante todo un portento que como principal atranco tería o seu prezo, aínda non anunciado para España, pero que se atendemos ao prezo en Francia estaría entre os 2.149,99 euros (para o modelo con pantalla Full HD e unha SSD de 256 GB) e os 3.149,99 euros (con pantalla UHD e SSD de 1 TB), estando só dispoñible polo momento as versións con pantalla Full HD, estando previsto que o modelo con pantalla 4K non estea dispoñible até o segundo trimestre do ano.

O novo portátil Razer ten un deseño moi delgado para un equipo compatible con cascos de realidade virtual.

Vídeo promocional dos novos portátiles Razer Blade

PUBLICIDADE