O playGo USB leva sen fíos a música do PC ao noso equipo de alta fidelidade

venres, 26 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Os amantes da música que queiran escoitar os temas que teñen almacenados nos seu ordenador noutros lugares do seu fogar teñen distintas solucións (como o Airport Express ou os equipos de Sonos) e para ampliar as opcións dispoñibles Bitcom achega o seu playGo USB, unha solución composta por 2 partes: un emisor que se conecta ao ordenador por USB e un receptor que permite a súa conexión a un equipo de son de alta fidelidade mediante RCA ou cable óptico.
O playGo USB pode operar ata a 22 metros de distancia, comunicando os seus elementos sen fíos na banda dos 2,4 GHz e con son a 24 bits, sendo doado de configurar (pode comezar a enviar música sen fíos en menos dun minuto). É compatible con PC e Mac e o seu receptor ten botóns táctiles capacitivos coas funcións de acendido/apagado, reprodución/pausa, canción anterior/seguinte e control de volume.
Esta solución pode adquirirse por 399,99 dólares (275,99 euros) en cor branca ou laranxa.

JPEG - 23.5 KB
O receptor do playGo USB conta con botóns táctiles para controlar remotamente a música almacenada no PC

PUBLICIDADE